0 Rematou o curso, pero non o deporte


http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/a-fabrica?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_p8Ys&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=3&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_p8Ys_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_p8Ys_assetId=2148737&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_p8Ys_urlTitle=actividades-de-veran-2015-sinteas!!-1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_p8Ys_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fa-fabrica



Aínda que as clases de Educación Física non voltarán ata o 10 de setembro, eso non significa que vos quededes sen deporte.

Grazas o Concello de Oleiros tedes unha gran oferta de actividades deportivas.

O 29 de xuño comezaron, hai campamentos, obradoiros, excursións, e sobre todo deporte, moito.
Podedes facer kaiak de mar, surf, escalada, xogos populares, patinaxe, bodyboard, ultimate e acrosport na praia.

Estas actividades son as máis indicadas nestas datas para proporcionarlles aos nenos e ás nenas diversión, aventuras e experiencias que favorezan a súa autonomía e a adquisición de hábitos saudables.

0 Clase de esgrima con 100Tolos

Na primeira semana de xuño estiveron dous mestres do esgrima no colexio, Manel e Tom, son do club 100Tolos. Despois dunha explicación teórica para coñocer en qué consiste este deporte, fixemos exercicios e combates con espadas e sables de inciación. Tamén trouxeron espadas históricas para poder tocar o que vemos nas películas.

Se queredes probar, de xeito gratuito, o esgrima nas instalacións do club, soamente tedes que chamar ao teléfono de Manel para avisar de que queredes ir.

Aquí tedes a invitación:



E tamén podedes ver un vídeo con fotos deses días.


0 Demostración con buxainas



No mes de maio estivo no centro un fenómeno no manexo das buxainas, foi o mexicano Omar, que marabillounos cas súas destrezas. O feito é que xa no colexio había un lote de nenos e nenas que volven a poñer de moda os peóns, e logo desta visita, aínda se ven máis polo patio.

No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra:


0 Iniciación á escalada

O 12 e 13 de maio o alumnado de 5º de Primaria do colexio foron ao Pavillón de Bastiagueiro para facer unha sesión de iniciación a escalada, aínda que para algúns deles no foi a primeira vez.

A actividade organizada polo departamento de Educación Física en coordinación ca concellería de Deportes, foi totalmente sufragada polo Concello de Oleiros. A actividade está dentro do programa complementario de Educación Física do Concello, e forma parte da unidade didáctica "Trepas e escalada" da área.


0 Xogo do Paracaidas

Na última semana de xaneiro, coincidindo co día da Paz, nas clases de Educación Física practicamos xogos cooperativos. Un dos que tivo máis éxito foi o Paracaidas, con él xogamos a carreiras, lanzamentos de balón, pilla-pilla, cambio de posto, cocodrilo, ondas, ata fixemos unha tenda-cova para contar historias e chistes. 

Esta unidade didáctica foi realizada polos cursos de 1º a 4º de Primaria, aquí tedes algunha foto e pequenos videos...


0 Regras do Fútbol Sala


0 Exame teoría 6º Primaria


 PREGUNTAS

1º/ Para qué quentar?. Motivos para facer un quencemento.


2ºa/ Carreiras de velocidade.

2ºb/ Carreiras de medio fondo.


3ºa/ Probas de saltos en atletismo.

3ºb/ Probas de lanzamentos en atletismo.


4º/ Di a que tipo de proba pertence cada imaxe:







0 Remo e piragüísmo en Santa Cristina

Un curso máis o alumnado de 6º de primaria tivo a sorte de practicar un deporte que non temos a oportunidade de facer nas clases de educación física. Na pasada semana fixemos remo e piragüísmo co club de regatas de Perillo, organizado polo Concello de Oleiros.

En grupos de 4, e cun monitor como timonel, navegaron en batel. Tamén, e agora por parellas, utilizaron os kaiaks como embarcacións.

Aquí unhas fotos de 6ºC e 6ºB....














0 Wushu en Educación Física


A semana pasada estiveron no colexio integrantes das escolas deportivas AMC. Todo o alumnado de primaria tivo a oportunidade de coñecer este deporte que xunta diversas modalidades das artes marciales.

Os interesados en practicar este deporte poden asistir aos adestramentos no INEF de Bastiagueiro, os martes e xoves ás 18 horas.


Jose, delegado del club, monitor de wushu e cinturón negro 2º dan, impartiu ás clases. Aquí tedes algunha foto do alumnado de 4º de primaria.



1 Comezamos o curso co Club Balonmán Ártabro

Os grupos de 6º

Do 22 ao 26 de setembro tivemos a visita de Álex, xogador en Primeira Nacional do Club Balonmán Ártabro e adestrador nas categorías inferiores. O obxectivo foi dar a coñecer este club, que ten no pavillón do Rabadeira o lugar onde adestran os máis xóvenes deste equipo.

As sesións de balonmán foron impartidas para o alumnado de segundo ata sexto de primaria. Xa algúns rapaces do colexio pertenecen a este club, e o fin era atopar algún outro ou outra que quixera formar parte do Ártabro.


Os días e horarios que este equipo está no pavillón son os seguintes:

Luns e venres de 18 h. ás 20:00 horas.
Mércores de 19 h. ás 20:00 horas.


Se queredes máis información podedes escribir a bmoleiros@asociacionartabro.org

Anímadevos a practicar o balonmán, un deporte moi divertido e espectacular.

 
 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-14 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia